Saturday 04 de May de 2024

Elisa Añón recibiu a feliciatación do alcalde no día do seu aniversario


No Concello hai nove mulleres e dous homes que superan o século de vida.

A señora Elisa Añón Pereiro forma parte desde onte, 20 de marzo, do selecto club de larachesas que alcanzaron o século de vida. No día do seu 100 aniversario recibiu a felicitación do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, que en representación do Concello lle entregaron unha placa conmemorativa e un ramo de flores.

Elisa é natural de Penso, na parroquia de Coiro, lugar no que residiu toda a vida ata que se trasladou hai pouco tempo ao Igrexario de Lestón para compartir vivenda cos seus dous fillos, Isabel e Luciano, e co seu xenro Domingo. Tamén ten catro netos e catro bisnetos. O próximo domingo xuntarase toda a familia para celebrar o cen aniversario nunha festa na que se agarda a presenza de medio centenar de persoas.

No Concello da Laracha están empadroadas once persoas con máis dun século de vida, das cales nove son mulleres e dous son varóns.